miércoles, 28 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS




                                     
Desde a Asociación Lobo vos desexamos unhas felices festas cheas de turrón -  (o toxo está ben para os cabalos) - e un 2012 cheo de boas novidades.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

ENERXÍA "VERDE"

  

Para ver estas fragas non hai que ir a Caurel nin aos Ancares






Están cerca de Pontevedra. Na serra do Acibal. Pero...




Pero non por moito tempo. Un parque eólico de solo 4 aeroxeneradores e solo 12 MW amenázanas.


A LIÑA DE ALTA TENSIÓN (Aprobada sen informe de impacto ambiental) pasará exactamente por aquí e DESTRUIRÁ TODO ISTO.


Pediremos a retirada do proxecto.

domingo, 4 de diciembre de 2011

MENOS LBOS CAPERUCITA!

Perdón.
Na cita anterior esquecinme de poñer a foto da égoa. Se a alguén lle quedan dudas, é esta.
Non a mataron os lobos. Vímola recén morta. Pero non a desaproveitaron.


Isto chámase "carroñeo e servicio de limpeza eficaz"

S.O.S. :PARQUE EÓLICO NA SERRA DO ACIBAL.

Acaban de publicar na prensa un proxecto de parque eólico na serra do Acibal.
Terá catro virandelas (muíños) para producir 12 miserables megawatios.
Hai un prazo de alegacións de 30 días a partir do 30 de outubro.
Faremos as nosas.
Pero en principio somos negativos a ista nova agresión á serra do Acibal.
¡XA BASTA!
Pódense conseguir copias do proxecto en :
- Consellería de Medio Ambiente (ou delegacións provinciais desta ).


- Consellería de Industria (ou delegacións provinciais desta).

MENOS LOBOS CAPERUCITA!

Iso mesmo me dixeron un día. Pero...
Hai un ano os lobos e os seus rastros no Acibal eran moi escasos.
Pensabamos que corrían peligro de desaparecer. Pero nesta primavera criaron.




Da algo de repelús, pero isto é o que quedaba dun potro tres noites despois



Hai menos dun mes os lobos comeron unha égoa adulta morta en catro noites. Iso non o fan dous lobos.
Hai 15 días mataron e comeron dous potros duns sete meses en dúas noites. Non os pagaremos pois estaban indefensos. Morreu a nai dun deles e a outra estaba débil, non podía defendelos.
Según nos dixeron, xunto a eses potros foron vistos sete lobos. (As referencias son de fiar).
Nós poidemos ver un.