Hai moito que non introducimos nada no blog. Por outras cousas que nos absorben máis e, hai que recoñecelo, por algo de pereguiza.
Hai unha boa noticia para o mundo do lobo e das bestas:
Dende a Comunidade Europea responderon a unha denuncia feita polas Asociacións Cabalares (Encabezada pola de A Groba - Baiona) contra a obriga do microchip en Galicia.
Contestaron que a Comunidade Europea non obriga a identificar con microchips, que iso foi decisión exclusiva da Xunta de Galicia. A Comunidade Europea permite identificar con marcas clásicas en áreas naturais señaladas
Este era o principal argumento no que se baseaban os da Consellería do Medio Rural, que era a Comunidade Europea quen obrigaba. Quedaron no seu sitio: DE MENTIREIROS.
Pero
non retiran a lei do microchip e agora,
pronto, publicarán o Decreto de Identificación Equina, sen pasalo polo Parlamento ¡ UNHA VERGOÑA !
A loita dos Besteiros na defensa dos seus animais continúa.
Suspenderon nove curros. Realizaron u
nha manifestación en Baiona, pronto
realizarán outra en Vigo e
non se descartan máis movilizacións.