Xa fixemos as nosas alegacións ao decretazo.
A Xunta pretende "dividir e vencer" enfrontando presidentes de comunidades de montes e Asociacións cabalares.
Algúns presidentes de comunidades de montes contrarios ás bestas, xa lanzaron claros mensaxes á prensa, descalificando, insultando e difamando a besteiros e Asociacións que levan anos, siglos, traballando pola supervivencia dos cabalos salvaxes e pola tradición dos curros. Tal vez emprendamos accións legais contra eles en concreto.
De Momento: os de Baiona envían unha denuncia, contra a Xunta, á Unión Europea. Tamén están, estamos, entrevistándonos con outros partidos políticos.
Os da Xunta queren acabar con nós
Pola nosa parte, enviamos un artículo á revista Quercus, sobre o tema, convocaremos outra xuntanza de Asociacións Cabalares e utilizaremos todos os medios posibles, para que o decreto non vaia adiante. Sería catastrófico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario