martes, 19 de junio de 2012

Rematamos hai pouco de redactar unha denuncia por utilización abusiva de herbicidas nos montes do Acibal e Cregos por parte da empresa Norfor baixo os eucaliptos.

Os terrenos afectados cubren máis de 50 hectáreas.

Mentres, seguimos á espera dunha resposta á nosa denuncia feita por queimas "controladas" na serra do Seixo.


                                            Vista parcial dunha zona tratada con herbicidas


              
                                          Isto é Galicia?





                                          Vista parcial dunha zona tratada con herbicidas.


                             As imaxes valen máis ca mil palabras, por iso poñemos unhas fotos.  
Hai moito que non introducimos nada no blog. Por outras cousas que nos absorben máis e, hai que recoñecelo, por algo de pereguiza.

Hai unha boa noticia para o mundo do lobo e das bestas:






Dende a Comunidade Europea responderon a unha denuncia feita polas Asociacións Cabalares (Encabezada pola de A Groba - Baiona) contra a obriga do microchip en Galicia.

Contestaron que a Comunidade Europea non obriga a identificar con microchips, que iso foi decisión exclusiva da Xunta de Galicia. A Comunidade Europea permite identificar con marcas clásicas en áreas naturais señaladas

Este era o principal argumento no que se baseaban os da Consellería do Medio Rural, que era a Comunidade Europea quen obrigaba. Quedaron no seu sitio: DE MENTIREIROS.

Pero non retiran a lei do microchip e agora, pronto, publicarán o Decreto de Identificación Equina, sen pasalo polo Parlamento ¡ UNHA VERGOÑA !

A loita dos Besteiros na defensa dos seus animais continúa. Suspenderon nove curros. Realizaron unha manifestación en Baiona, pronto realizarán outra en Vigo e non se descartan máis movilizacións.

sábado, 11 de febrero de 2012

MONTE ACIBAL

Hai unha semá prantamos, de momento con éxito, unha ducia de acibros no monte Acibal.

Non pretendemos encher o monte de acibros, pero sería unha boa idea recuperar varios bosquetes en lugares adecuados.








Se van adiante estes, seguiremos. O único problema sería que os xabaríns os pisen, pois frecuentan ese lugar; mirade como deixaron o piñeiro a base de frotarse nel.

QUEIMAS CONTROLADAS NO L.I.C. DO MONTE SEIXO (Cerdedo-Pontevedra)










- Oiga, que fan Vds.? ¡Están a queimar o monte!
- Non. Estamos facendo unha queima "controlada" CON-TRO- LA- DA.




(Monte do Seixo, 24 de xaneiro/2012)




- Pero, están queimando o matorral e a biodiversidade..., as prantas e fauna que viven ahí.
- Non, queimamos maleza. MA-LE-ZA.
- Iso que é?
- Vexetación mala onde se ocultan as alimañas. A-LI-MA-ÑAS.
- Depredadores?
- Aprende a falar con propiedade: ALIMAÑAS.





            

                                                                                                    (Monte do Seixo, 24 de xaneiro/2012)                                                                                                                                                                                                                                    








- Oiga, pero eses garranos (os cabalos) están comendo toxo, sen o toxo non vivirían.
- Aghh.! , asquerosos cabalos que alimentan ás alimañas! Hai que acabar con eles!









(Queimado no ano 2011 "controladamente")



- Entonces o matorral é malo e as alimañas tamén?
- Non o imaxinas.
- Entonces Vds. están a facer unha labor moi boa e caritativa.
- Si señor. O lume purifica. elimina o malo ( o matorral e a terra) e SOLO QUEDA O BO, AS PEDRAS. Ademáis o lume purifica o espíritu.
- Pero contamina o aire.
- Non, en absoluto, é fume aromático, purificador. PU-RI-FI-CA-DOR.
- Que ben, que ben! Eu tamén quero queimar un par de metros cuadrados!
- É UN DELITO. IRÁS Á CARCEL.



                                
                                                    (Queimado "controladamente" no ano 2011).





ENTRE OS ANOS 2011 E O POUCO QUE VAI DO 2012 A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL QUEIMOU 44,5 HECTÁREAS DE MONTE NA LADEIRA NORTE DO LIC DO MONTE SEIXO - CANDO. (LIC destinado á conservación de matogueiras e bosques). QUEIMANDO LADEIRAS EN FORTE PENDENTE (20 a 44% de pendente).
O PLANO E FOTOS QUE VEDES AQUÍ FALAN POR SI SOLOS. PERO...





(Queima do 24 de xaneiro do 2012 vista desde Xestido)






                                                 Case 50 Has. (medio Km. cuadrado) queimadas                                            
                                                 metódica e legalmente entre 2011 e 2012.


PERO NON SE LIMITAN A ESTO. OUTRO DÍA FALAREMOS DE DESBROCES A GRAN ESCALA E A MATARRASA SUBVENCIONADOS, NO MESMO LIC DO SEIXO.

jueves, 2 de febrero de 2012

LEI DE CAZA

Según a Xunta de Galicia a lei de caza de 1997 quedou anticuada (!!!).


Hai que facer unha nova Lei de Caza


Intentarán solucionar os problemas da caza e das especies cinexéticas ... ¿Como?

Como sempre : CAZANDO MAIS.

Certas cousas que pretenden permitir, como cazar en vedados (porque ahí se refuxian, según eles, as "alimañas"), deixar cazar a rapaces de 14 anos (iso si: acompañados...) etc. Parécennos impresentables. 

Como ainda queda un mes para facer alegacións.

Pensarémolo ben e faremos as nosas e buscaremos o apoio de outras asociacións ecoloxistas, profes da universidade etc.

Estaredes informados do tema.

domingo, 15 de enero de 2012

Decreto de identificación equina

Hai poucos días participamos en Santiago, xunto cas Asociacións Cabalares, na última entrevista con representantes parlamentarios (Tocoulle o turno ao P.P.) Polo tema do decreto de identificación equina

As nosas reivindicacións, que neste asunto son as mesmas cas dos besteiros, foron recollidas e tidas en conta con moito interés por parte da diputada do P.P. que nos atendeu, quen xa estaba ó corrente dalgunhas cousas desde hai dous anos pola prensa e tamén porque é dunha comarca, no norte de Lugo, onde os garranos non son ningún descoñecido.

Amosou sensibilidade aos problemas que lle expresamos (microchip, rexistro de pastos, etc) e ofreceunos o seu apoio.



A rolda de consultas (B.N.G., P.S.O.E. e P.P.) finalizou. Pero somos conscientes de que este esforzo non será suficiente para deter o mal nacido decretazo de identificación equinaque pode levar aos garranos e a moitos lobos á súa extinción en boa parte de Galicia.


SEGUIREMOS A RECLAMAR A RETIRADA DO DECRETO DE IDENTIFICACIÓN EQUINA E ESIXIMOS UN REGULAMENTO ESPECÍFICO PARA OS GARRANOS, TAL COMO  OBRIGA A COMUNIDADE EUROPEA PARA OS CABALOS BRAVOS.