domingo, 15 de enero de 2012

Decreto de identificación equina

Hai poucos días participamos en Santiago, xunto cas Asociacións Cabalares, na última entrevista con representantes parlamentarios (Tocoulle o turno ao P.P.) Polo tema do decreto de identificación equina

As nosas reivindicacións, que neste asunto son as mesmas cas dos besteiros, foron recollidas e tidas en conta con moito interés por parte da diputada do P.P. que nos atendeu, quen xa estaba ó corrente dalgunhas cousas desde hai dous anos pola prensa e tamén porque é dunha comarca, no norte de Lugo, onde os garranos non son ningún descoñecido.

Amosou sensibilidade aos problemas que lle expresamos (microchip, rexistro de pastos, etc) e ofreceunos o seu apoio.



A rolda de consultas (B.N.G., P.S.O.E. e P.P.) finalizou. Pero somos conscientes de que este esforzo non será suficiente para deter o mal nacido decretazo de identificación equinaque pode levar aos garranos e a moitos lobos á súa extinción en boa parte de Galicia.


SEGUIREMOS A RECLAMAR A RETIRADA DO DECRETO DE IDENTIFICACIÓN EQUINA E ESIXIMOS UN REGULAMENTO ESPECÍFICO PARA OS GARRANOS, TAL COMO  OBRIGA A COMUNIDADE EUROPEA PARA OS CABALOS BRAVOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario