As nosas reivindicacións, que neste asunto son as mesmas cas dos besteiros, foron recollidas e tidas en conta con moito interés por parte da diputada do P.P. que nos atendeu, quen xa estaba ó corrente dalgunhas cousas desde hai dous anos pola prensa e tamén porque é dunha comarca, no norte de Lugo, onde os garranos non son ningún descoñecido.
Amosou sensibilidade aos problemas que lle expresamos (microchip, rexistro de pastos, etc) e ofreceunos o seu apoio.
SEGUIREMOS A RECLAMAR A RETIRADA DO DECRETO DE IDENTIFICACIÓN EQUINA E ESIXIMOS UN REGULAMENTO ESPECÍFICO PARA OS GARRANOS, TAL COMO OBRIGA A COMUNIDADE EUROPEA PARA OS CABALOS BRAVOS.